Site icon Crónica3.com A Mariña

Acisa anima aos ribadenses a dar a benvida ao ano novo desde as xanelas e balcóns despois da uvas

 Ribadeo, 31 de decembro de 2020. Acisa anima aos ribadenses a dar a benvida ao ano novo desde as xanelas e balcóns despois da uvas. Ás 00:10 Ribadeo está convocado para dar un gran aplauso ao 2021.
A través de whatsapp e das redes sociais faise esta convocatoria, que incluirá unha sorpresa: “por nuestros comercios, por nuestra hostelería, por nuestros servicios… por los ribadenses, gracias a los cuales los negocios de Ribadeo estamos saliendo adelante”.
Desta forma a asociación quere render homenaxe ao comercio, á hostalería e ao sector servizos polo ano tan complicado que pasaron e a toda a cidadanía polo apoio destes meses e co que agardan seguir contando no futuro.
Desde Acisa felicitan o 2021 a todos os/ as ribadenses, á vez que lles piden que actúen con responsabilidade: “quedémonos en casa y celebrémoslo en la ventana o en el balcón todos juntos durante unos minutos”.
E engaden: “parar el virus es cosa de todos y cada uno de nosotros. Actuemos con mucha prudencia”.

Exit mobile version