Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividades en Alfoz esta fin de semana

O sábado 26 de decembro ás 18.00h, na Biblioteca Pública, chega a actividade “Unha viaxe ao mundo dos contos pop up” de Fátima Fernández. Contacontos, do Ciclo Miúdos Seráns da Área de Cultura da Deputación, dirixido ao público infantil para disfrutar de historias que “surxen” dos libros como figuras en 3D. A partir do domingo 27, todas as instantáneas do I Concurso de Fotografía “Alfoz no outono” estarán expostas na sala da segunda planta do Castelo de Castro de Ouro. O horario de visitas é: sábados, domingos e festivos de 12.00h a 19.00h. Os días de Nadal e de Aninovo, o Castelo non estará aberto.

Exit mobile version