Site icon Crónica3.com A Mariña

Alumnado do IES Perdouro de Burela recibiu este martes unha charla impartida por Stop Accidentes

 Burela, 15 de decembro de 2020. Esta mañá alumnos de 4°da ESO do IES Perdouro de Burela recibiron unha charla impartida por membros da asociación Stop Accidentes, na que se fixo fincapé na necesidade de desprazarse de xeito seguro. A actividade foi organizada pola Concellería de Medio Ambiente, que dirixe Toñi Eijo.
Desde esta departamento explican que “moitos dos accidentes que suceden a diario poderían ser evitados, sendo o uso do teléfono móbil unha das causas máis frecuente. Condutas como falar por teléfono, whatsapear, desprazarse baixo os efectos do alcol ou outras drogas provocan accidentes de tráfico, a primeira causa de morte na poboación nova”.
Desde Medio Ambiente engaden que “con estas charlas, que todos os anos repetimos nos IES do noso concello, intentamos concienciar á xuventude da transcendencia que pode ter nas nosas vidas tomar unha mala decisión como pode ser subir nun vehículo que conduce unha persoa que consumiu alcohol, cruzar a rúa mentres enviamos un whatsapp… estas decisións tomámolas nun instante, pero as consecuencias poden acompañarnos toda a vida, ou supoñer o fin da nosa vida ou a de outras persoas”.

Exit mobile version