Site icon Crónica3.com A Mariña

Arias analiza as necesidades do IES Perdouro nunha xuntanza telemática co equipo directivo

 Lugo, 02 de decembro de 2020. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha reunión por videoconferencia co equipo directivo do IES Perdouro de Burela para tratar posibles melloras de infraestruturas no centro. O delegado territorial sinalou que o obxectivo desta xuntanza é escoitar as principais necesidades e peticións dos representantes deste centro educativo, “comprometéndonos a traballar e a acadar melloras para estas instalacións que redunden no beneficio dos usuarios e da comunidade educativa”.

Arias lembrou que no actual contexto económico e sanitario “os recursos destinados a modernizar as instalacións educativas seguen a ser unha prioridade para a Xunta, que continúa planificando grandes obras de rehabilitación integral e tamén outras actuacións de menor envergadura pero esenciais para dar resposta ás necesidades detectadas en cada centro”.

Exit mobile version