Site icon Crónica3.com A Mariña

As negociacións de Daniel Vega fan posible unha nova colaboración da Xunta co fútbol ribadense

 Ribadeo, 26 de decembro de 2020. O voceiro do Grupo Municipal do PP de Ribadeo, Daniel Vega, continúa co seu compromiso de “seguir xestionando orzamento” para favorecer o tecido socioeconómico, cultural e deportivo da vila.

Deste xeito, as negociacións levadas a cabo coa Xunta de Galicia supuxeron unha nova colaboración co fútbol ribadense. Concretamente, a administración autonómica fíxose cargo dos trofeos, da retransmisión do partido e do deseño da cartelería do Emma Cuervo.

“Esta non é unha colaboración menor para o deporte local que está a pasar unha situación complicada”, sinala. No caso da cartelería, destaca que foi realizada por Sargadelos e inclúe unha imaxe “moi representativa do noso pobo, como é a Illa Pancha”.

“Seguiremos traballando”
O voceiro do Grupo Municipal do Partido Popular manifesta que “seguiremos traballando parque todos colectivos culturais e deportivos poidan desenvolver as súas actividades”. Neste censo, adianta que, proximamente, “poderemos anunciar novos investimentos neste senso”.

Exit mobile version