Site icon Crónica3.com A Mariña

BurelaFloral confeccionará unha pequena Alfombra de Nadal este sábado na praza do Concello

 Burela, 17 de decembro, 2020. Este vindeiro sábado terá lugar a confeccion dunha pequena alfombra de Nadal na praza do Concello de Burela, sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan, en caso de non ser así, a alfombra trasladarase aos soportáis da Casa da Cultura. O comezo da elaboración está previsto arredor das 12 do mediodía e sempre respetando estrictamente as medidas de seguridade e distanciamento fronte ao Covid19.

As alfombras son arte efímero polo que estará exposta durante a fin de semana e ata que o tempo llo permita. A Alfombra de Nadal, entra dentro da actividade da coordinadora internacional de entidades alfombristas que leva como titulo “Luces en Navidad”. O deseño da de Burela fai un guiño á vida mariñeira que volta á casa polo nadal, e farase en apoio ao comercio local e á hostalaria nestes tempos complicados para todos.

Dende a asociación desexan a todo o pobo unhas felices festas.

Exit mobile version