Site icon Crónica3.com A Mariña

Carla Trillo incorpórase ao Club de Atletismo ‘Ría De Foz’

Foz, 3 de decembro, 2020. Desde esta semana, o Club conta cunha incorporación de luxo, que reforzará, de xeito considerable, a categoría absoluta feminina. A atleta Carla Trillo (Burela, 1984) súmase ao proxecto do ‘Ría de Foz’. Falar de Carla é falar dun exemplo de constancia, sacrificio e superación persoal, tanto no deporte como na vida.
Coa súa incorporación, o ‘Ría de Foz’ gana unha atleta multidisciplinar que se manexa con moita soltura na ruta, no campo a través e no trail, sendo esta última modalidade a que máis desfruta. A seguir, deixamos algúns datos deportivos que revelan a calidade e versatilidade de Carla:

-RUTA/CROSS: Gañadora do circuíto “Tour Mariña” 2018 e 2º posto no 2019, Gañadora do circuíto “Corre con Nós” no 2019 e 2ª no 2018, 2º posto senior no “Campionato de Galicia de 5K en ruta” do 2018, 3º posto senior na carreira “SinSon” 2018 e 3º posto por equipos no Cross Galego das Pontes. Ademais, destacamos as súas mellores marcas: Milla (5’36”), 5K (19’20”) e 10K (39’50”).

-TRAIL: 1º posto no Trail Curto do Comado 2018, 2º posto no Toxiza Gran Trail 2018, 1º posto na CAMOVI de 2019 (21K), 1º posto no Xove Costa Trail (25K) 2019, 1º posto no Trail Mosteiro de Caaveiro 2019 (28K), 1º posto no Trail Longo do Comado 2019 e 2° posto senior no Trail Vía Flavius 2020.

Como se pode ver, a traxectoria e o palmarés deportivo de Carla falan por si sós. O ‘Ría de Foz’ alédase, profundamente, de contar cunha atleta como Carla, convencidos de que será un gran exemplo deportivo para as categorías inferiores.

Exit mobile version