Site icon Crónica3.com A Mariña

Conversa arredor de Seoane e Díaz Pardo, actividade organizada por Mariña Patrimonio

 A Mariña, 7 de decembro, 2020. Seguindo co ciclo de actividades online programadas para 2020 por Mariña Patrimonio, o colectivo organiza unha conversa entre o historiador Ramón Villares e o xornalista Ernesto Sánchez Pombo arredor de Luis Seoane e Isaac Díaz Pardo, ao fío do epistolario que mantiveron ambos persoeiros e que recentemente dixitalizou o Consello da Cultura Galega, coincidindo co centenario do nacemento de Díaz Pardo.

A actividade, “Conversa arredor de Seoane e Díaz Pardo, que conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, terá lugar o vindeiro sábado 12 de decembro e poderá seguirse na páxina de Facebook de Mariña Patrimonio a partir das 19.00h.

Exit mobile version