Site icon Crónica3.com A Mariña

Daniel Vega a Tomé no Parlamento: “Vostede é o protagonista dun recorte sistemático de servizos e do aumento desmesurado do gasto”

 Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2020. “Vostede é o protagonista dun recorte sistemático de servizos e do aumento desmesurado do gasto”. Así llo trasladou o deputado autonómico, Daniel Vega, ao presidente da Deputación na Comisión de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia, onde explicou as contas desta administración para 2021.

Deste xeito, Daniel Vega díxolle ao presidente provincial que, “cando todas as administracións están aprobando orzamentos pensados en facer fronte á covid, a Deputación está ausente na atención ás persoas, ás familias, no apoio aos autónomos e á industria, e ausente antes os principais sectores produtivos da provincia”. E é que ““estes orzamentos son continuistas -o dono destas palabras foi vostede- e están fóra da realidade da provincia”, porque, afirmou o deputado, a pesar de aumentar a cifra, só o fan en gasto corrente, pero non en inversión, que a reducen en 3 millóns de euros”. “O que si manteñen, dixo, son achegas importantes a entidades como UXT da que unha persoa coñecida por vostede forma parte”.

O deputado do Grupo Parlamentario do PP expuxo que as contas carecen dun plan covid e dunha dunha actuación estratéxica para contribuír a que tamén dende a Deputación se poña o seu grao de área para superar a crise. “Póñolles tres exemplos. Outras Deputacións como a de Cadiz, gobernada polo PSOE, ou as de Ávila e Alacante foron quen de consensuar e buscar un acordo orzamentario para combater a pandemia. Incluso o seu predecesor foi capaz de pactar os orzamentos, sendo aprobados sen ningún voto en contra”, sinalou Vega.

“Nunca cumpren o que prometen”
“Nunca cumpren o que prometen”, afirmou Daniel Vega, pois, no pacto de goberno BNG-PSOE había un compromiso de incrementar o Plan Único nun 25%, e o bipartido non o fixo. “O BNG esixe e o PSOE non cumpre. Os nacionalistas, que agora cobran do goberno, perdoan e olvidan. E, mentras, os Concellos esquecidos pola Deputación”, advertiu o deputado do PP.

O gasto social, non é unha prioridade
Tampouco é prioridade o gasto social para o goberno provincial. “Vémolo coas súas residencias, nas que, por certo, o modelo adoitado volve a ser incoherente e contraditorio co discurso que defende o seu partido nesta cámara. A ver se nos pode aclarar que modelo defenden porque aquí o PSOE fala de xestión directa e na Deputación de Lugo fan o contrario, teñen privatizado parte deles”, destacou.

“Gañan vostedes, perden os lucenses”
O orzamento da Deputación de Lugo é 17 veces inferior cos investimentos previstos pola Xunta na provincia. 1.544 millóns fronte aos 92 millóns do provincial consolidado. Por este motivo, Vega preguntou ao socialista: “Vai seguir criticando vostede á Xunta, á administración que máis recursos e esforzo inversor destina á nosa provincia?”.

Para o deputado do PP con estes orzamentos “gañan vostedes porque os lucenses perden. Triunfan os que queren baleirar de contido a Deputación como paso previo para pechala. O bipartido sae máis caro para os lucenses e perde en servizos en investimentos para os lucenses”.

Exit mobile version