Site icon Crónica3.com A Mariña

Este Nadal, con motivo do COVID-19, o Belén de Plastilina de Cervo estará composto por figuras elaboradas na casa polos/as nenos/as que desexen colaborar

Poderán entregar a súa figura antes do 18 decembro na Casa da Cultura ou na casa do Concello. O Concello de Cervo encargarase de compoñer un Belén confeccionado con todas esas pezas entregadas polos/as participantes, cuxa autoría quedará correspondentemente identificada no resultado final. Poderá verse na Casa da Cultura desde o 21 de decembro ata o 8 de xaneiro.

Exit mobile version