Este sábado ás 20h o teatro volve á Casa da Cultura do Vicedo. Nesta ocasión co grupo de teatro Pico do Castro, de Foz, que presenta a obra “O Terapeuta”
redac
O lugar de encontro: un consultorio psicolóxico. Os personaxes: un doutor con especialista na psique humana e un doente cun complexo de Edipo tan grande, pero tan grande, que… ata o mesmo Edipo lle recomendaría terapia!. Así as cousas, o doente irá pouco a pouco sacando ao doutor das súas casillas a pesar da súa paciencia. Neste senso, ambos personaxes disputarán o protagonismo da escena tratando, con moita intelixencia e humor, temas como a incomunicación familiar, os condicionamentos sociais, a hipocresía, a soidade e a sexualidade. En definitiva, unha divertida comedia para a noite do sábado, entrada gratuita e, debido ás normas establecidas pola COVID-19, o aforo está limitado a 60 persoas.