Site icon Crónica3.com A Mariña

“Gaela quere ser druida” de Teatro Marionetas Trécola no Valadouro, Lourenzá e Barreiros

 A Mariña, 2 de decembro, 2020. Teatro Marionetas Trécola levará a súa obra “Gaela quere ser druida” a Casa da Cultura de O Valadouro, será este vindeiro sábado día 5 de decembro as sete da tarde.

Gaela, a protagonista da historia, é unha nena valiente que non ten medo de rachar coas tradicións ou normas vixentes cando ten claro que son inxustas. Esta nena castrexa vivirá unha divertida e intrigante aventura para lograr o seu soño, ser druida. Por moito que digan que “iso é cousa de homes”…

A compañía de títeres polense representará tamén esta obra en Lourenzá o día 27 de decembro, e estará con outra das suas creacións “Tolitates” o día 20 en Barreiros.

Todas estas funcións están subvencionadas pola Área de Cultura da Deputación de Lugo a través do seu programa “Aparte” , e cumplirán todas as medidas sanitarias existentes no momento polo que o aforo será limitado. A cultura é segura.

Exit mobile version