Esta exposición está promovida por Egeria, conta co patrocinio da Xunta a través de Política Lingüística e leva percorrido arredor dunha trintena de cidades e pobos dende que se creou.
Esta exposición reflicte os quince anos (1950-1965) de Carballo Calero en Lugo.
Mondoñedo é a última cidade onde se expón, pechando a celebración itinerante arredor de DON RICARDO DE FINGOI.
A exposición é visitable de martes a domingo en horario de 10h a 14h e de 16h a 19h. ata o día 30 de decembro de 2020 (días 24 e 25 de decembro pechado).
Contacto previo para visitala en Oficina de Turismo de Mondoñedo por tema de control de aforo.
Contacto de forma presencial na propia oficina ou a través do teléfono 982 50 71 77.