Site icon Crónica3.com A Mariña

Maite Ferreiro valora o incremento por segundo ano consecutivo do Plan Único, que ascende a 21,5 millóns de euros

 Lugo 29 de decembro de 2020. A Vicepresidenta da Deputación Maite Ferreiro sinalou que o Plan Único de Cooperación cos Concellos, cun importe de 21,5 millóns de euros, se incrementa por segundo ano consecutivo dacordo co recollido no pacto de goberno, “cumprimos ese obxectivo e tamén o obxectivo de ter tanto os orzamentos como o Plan Único aprobados antes de rematar o ano”.

“Comezaremos 2021 cos deberes feitos e coas ferramentas necesarias para traballar en dar resposta ás necesidades da veciñanza”, sinalou á entrada do pleno provincial no que se aprobaron as bases do documento cos votos de BNG e PsdeG, e a abstención do Partido Popular.

No debate plenario, o voceiro do BNG Efrén Castro incidiu en que o Plan Único é un instrumento para o reparto obxectivo dos fondos, “marca dos gobernos do BNG” fronte ao “reparto a dedo do Partido Popular tanto na Xunta de Galiza como na ùnica Deputación na que gobernan”, en referencia a ourensá.

O voceiro nacionalista destacou o esforzo orzamentario que supón, sumado aos 7 millóns de euros previstos para o mantemento da Rede de Centros de Atención a Maiores da Deputación de Lugo en 2021. “Se a Xunta de Galiza se fai cargo das súas competencias, mantén as residencias e deixa de abandonar un colectivo tan desprotexido e maioritario, nos subimos o Plan Único”, concluíu en resposta ao voceiro do PpdG, Javier Castiñeira

Exit mobile version