Site icon Crónica3.com A Mariña

Míriam Bermúdez defendeu no pleno as demandas que o sector hostaleiro lle transladou na reunión telemática que mativeron

 Viveiro, 6 de decembro, 2020. A concelleira do BNG alégrase de que na sesión plenaria do día 2 de decembro, o Goberno Municipal recollese parte das demandas da Hostalaría de Viveiro que lle expuxo o sector á concelleira nacionalista Míriam Bermúdez o pasado 14 de novembro na videoconferencia “Hostalaría, presente e futuro”, tales como a de suspender as taxas de terrazas e licenzas de apertura e funcionamento.

Míriam Bermúdez incidiu no pleno municipal en que “estas medidas para o sector hostaleiro de Viveiro son necesarias, pero tamén para os que están nunha situación semellante como xs comerciantes, mais cremos que o equipo de goberno pode facer máis polo que desde o BNG propoñémoslle ao Goberno Local estudar e valorar as seguintes propostas que foron trasladas na mencionada reunión polo sector hostaleiro de Viveiro”:

.Bonificación dun 50% na recollida do lixo para 2021.

.Rebaixa do IBI nos alugueiros de locais comerciais.

.Que as futuras liñas de axuda dirixidas aos sectores afectados pola crise da Covid19 sexan negociadas co tecido económico e empresarial de Viveiro, para que a futura convocatoria de axudas directas atenda á realidade das súas necesidades e non deixe atrás a ninguén, como así sucedeu co actual fracasado Plan municipal de reactivación económica local.

.Crear un Plan de Pagos Personalizado Municipal, no que se podería estabelecer unha bonificación na cota íntegra dos impostos municipais no que se poderían adherir de xeito voluntario as veciñas e veciños que o desexaran, aplicándoselles unha reducción do 3% sobre a cota tributaria. Un plan de pagos individualizado que lles facilitaría ás familias e empresas o pago dos seus impostos atendendo á súa economía e liquidez, podendo elexir o pago mensual, bimestral, trimestral ou semestral dos seus tributos municipais. Medida xa proposta polo BNG en novembro do 2019 pero que aínda hoxe se nega María Loureiro a poñer en marcha.

Míriam Bermúdez rematou no pleno instando a María Loureiro a “ dar respota ás iniciativas que dende o BNG se lle acababan de trasladar, e non dar a resposta por calada como en todas as anteriores ocasións.” Finalmente, a alcaldesa non contestou no pleno como tampouco nos días posteriores pao mesmo, polo que ignorou directamente as propostas do sector hostaleiro de Viveiro e do BNG deixándonos sen resposta algunha.

Exit mobile version