Site icon Crónica3.com A Mariña

O Alcalde de Burela desexa un feliz 2021 á veciñanza. Llano agarda que sexa un bo ano “tanto a nivel individual como colectivo”

 Burela, 30 de decembro de 2020.O alcalde, Alfredo Llano, desexa un feliz aninovo ás veciñas e veciños do municipio e que se manteña a axuda e colaboración que houbo durante este ano.
O rexedor di: “quero desexar a todo o mundo, da comarca da Mariña e á nosa veciñanza de Burela, que o ano 2021 teñamos unha esperanza e un ano moi bo tanto a nivel individual como colectivo”.
Llano lembrou que “onte comezamos a vacinar na residencia de maiores, houbo boa aceptación e iso é un bo estímulo. É a saída dunha carreira para superar o coronavirus, polo tanto imos ter esa confianza colectiva e esa axuda e colaboración como houbo durante este ano aquí en Burela”.
O alcalde burelés pensa que “a corresponsabilidade foi compartida tanto a problemática como a solución. Polo tanto desexarlles a todos que teñan un ano 2021 moi bo e que entre todos sexamos capaces de crear un obxectivo colectivo e que realmente esteamos moi satisfeitos ao remate do novo ano”.

Exit mobile version