Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG emenda os orzamentos da Xunta 2021 con propostas para impulsar A Mariña nun ano crítico para a comarca

 A Mariña, sábado 26 de decembro de 2020. Ana Ermida, responsable comarcal do Bng e Daniel Castro, deputado mariñao no Parlamento de Galiza, compareceron hoxe en Foz en rolda de prensa xunto con cargos orgánicos e institucionais para dar conta das emendas aos Orzamentos da Xunta 2021presentadas polo Bng no que tén a ver coa comarca.
Tanto o deputado como a responsable comarcal volveron a incidir na necesidade dunha discriminación positiva para A Mariña, despois dun ano crítico no que esta comarca vivíu e vive angustiosamente a situación da factoría de aluminio de San Cibrao, nun ano condicionado tamén pola pandemia do Covid19 e moi especialmente nesta comarca, con importantes consecuencias económicas ademais das de índole sanitaria, e nun contexto tamén de recortes sanitarios que siguen estando á orde do día desde que Feijóo suprimíu a Área Sanitaria da Mariña. “A Mariña non pode ser condenada á irrelevancia unha vez mais polo goberno do PP na Xunta” manifestou Ana Ermida, quen planteou como urxentes e necesarias moitas demandas dos concellos que non se ven reflectidas no documento orzamentario.

Infraestruturas básicas para os concellos mariñaos

Así, a nivel municipal, o BNG reclama fondos para a o desenvolvemento do Polígono Industrial do Valadouro, asunto do que a Xunta leva anos desentendéndose, e mais a construcción dun Centro de Día público nese concello. A ampliación da Escola Infantil Galiña Azul en Foz é outra das demandas, xunto co dragado do Porto de Tupide e mais a mellora da canle de acceso ao Porto de Foz.
Tamén se demandan actuacións necesarias en infraestructuras rurais colectivas nos terreos de concentración parcelaria de Mondoñedo.
Para Burela solicítase a cuberta das pistas polideportivas dos centros educativos da vila e mais a construcción da nova EDAR, con cantidade suficiente para que sexa unha realidade nos vindeiros anos, así como o dragado do Encoro de Rúa, desde donde se abastecen Burela e Cervo.
O saneamento da zona costeira e da zona interior de Barreiros, así como a construcción da EDAR en San Miguel de Reinante, para a que Augas de Galicia tén xa proxecto, son necesidades urxentes que a Xunta sigue sen atender. Tamén se demanda o remate da pasarela do Ceip de San Miguel, así como a rexeneración medioambiental e posta en valor do Río Masma.

Participación da Xunta na Intervención de Alcoa e axilización da VAP San Cibrao-Ferrol

O deputado mariñao Daniel Castro incidíu na discriminación negativa que o PP practica con A Mariña nestes orzamentos, manifestando que “A Mariña representa o 33% do PIB na economía provincial e sen embargo non chega ni nao 20% nos investimentos, e esto non o podemos consentir”. Neste sentido presentouse unha emenda para que a Xunta de Galiza participe conxuntamente co Estado na intervención pública de Alcoa, algo ao que o PP votou a favor no Congreso. A proposta é que a Xunta destine 20.000.000€ a tal fin. Referíuse tamén Castro á VAP San Cibrao-Ferrol, para a que se demanda cantidade suficiente para desenvolvela nun corto espazo de tempo, despois de levar décadas esperando por ela.

A sanidade, e especialmente a a atención primaria, prioridade en toda a comarca

E en temas sanitarios, o BNG segue a demandar a mellor a da asistencia primaria e do servizo de pediatría en toda a comarca, creación de prazas de enfermeir@s escolares e tamén enfermeir@s especialistas en obstetricia en xinecoloxía. A proposta nacionalista é incrementar en 2.000.000€ para a Mariña a consignación orzamentaria para a Atención Primaria.

Exit mobile version