Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo confirma que o vertido no río Xunco foi provocado polo arrastre de material das balsas de decantación da mina de caolín

 Cervo, 8 de decemebro, 2020. Durante a mañá deste martes o Concello de Cervo continuou revisando o leito do Río Xunco, para tentar achar a orixe do vertido detectado no día de onte.

Tal e como precisan a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, o delegado de Protección Civil, Alfredo Fernández, e o responsable do Servizo Municipal de Emerxencias, Mario Antuña, “podemos confirmar que “o tinguido branco das augas foi provocado polo arrastre de material das balsas de decantación da mina de caolín e tamén detectamos que o río, froito das intensas chuvias caídas estes días, baixa moi revolto en todo o seu curso, á marxe deste punto no que se identificou o vertido”.

Desde o Concello de Cervo xa se deu aviso ao Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) por se houbese que depurar responsabilidades.

Exit mobile version