Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo segue a manter xuntanzas cos responsables das diferentes asociacións, como pezas fundamentais que son para o día a día do municipio

 Cervo, 30 de xaneiro, 2020. O equipo de goberno, nestes últimos días do ano, segue a manter xuntanzas cos responsables das diferentes asociacións de Cervo, como pezas fundamentais que son para o día a día do noso municipio.

Nestes encontros estase tamén a proceder á entrega das axudas nominativas que o Concello de Cervo ten reservadas para contribuír cos gastos de funcionamento destas entidades nun ano especialmente difícil para todos que tamén afectou sensiblemente á súa actividade.

Tratase dun recoñecemento a un traballo fundamental para o noso municipio, ao que dedican moitas horas do seu tempo e que desenvolven de xeito totalmente altruísta en beneficio de todos.

Destínase algo máis de 70.000 euros do orzamento municipal para colaborar con estas asociacións que enchen de vida Cervo, con diferentes actividades ao longo de todo o ano.

Agardamos que no 2021 podamos retomar, sempre priorizando a seguridade, parte desa vida e dese dinamismo que caracteriza a Cervo, e no que desempeñan un papel moi importante estes colectivos, tal e como sinala o rexedor, Alfonso Villares.

Exit mobile version