Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz fai entrega de 300 euros en vales de compra no comercio local dentro da campaña #imPULSAFOZ

 Foz, 19 de decembro de 2020. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e o presidente da ACIA local, José Carlos Paleo, entregaron os agasallos polas fotografías subidas ás redes sociais dentro do programa #imPULSAFOZ.
Do sorteo realizado entre as imaxes subidas ás redes sociais diante dos murais instalados saíron premiadas Vicky Varela Varela e @rosangelacreativa. Os agasallos consisten nun primeiro premio de 200 euros e un segundo premio de 100 euros en vales de compra, que poderán gastar nos comercios asociados á ACIA focega.
O rexedor municipal Foz agradece a participación e anima a facer o gasto das compras do Nadal no comercio local: “Nunhas datas tan entrañables e despois da que estamos pasando é hora de fixarse nas pequenas tendas que rexentan as nosas veciñas e veciños e esquecernos un pouco das grandes plataformas dixitais”, manifestou Fran Cajoto.

Exit mobile version