Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Lourenzá concederá subvencións a asociacións do municipio para organizar actividades culturais durante o 2021

 Lourenzá, 2 de decembro de 2020. Na última Xunta de Goberno do Concello de Lourenzá aprobáronse as bases para a convocatoria de subvencións a asociacións do municipio destinadas á realización de actividades culturais durante o ano 2021.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “a estas axudas dedícaselle un orzamento total de 6.000 euros. Concederanse polo procedemento de concorrencia competitiva e poderán optar ás mesmas aquelas asociacións que realicen programas ou actividades culturais de carácter puntual ou permanente que sexan consideradas de interese sociocultural para o concello de Lourenzá e estean dirixidas a toda a poboación en xeral”.
As bases estarán proximamente na web do Concello de Lourenzá e o prazo para presentar as solicitudes será de vinte días naturais a partir da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Exit mobile version