Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro colabora co centro de saúde, atendendo a petición realizada e facilitándolle unha pequena carpa para poder realizar as probas de antíxenos da Covid-19 sen ter que acceder ao interior das instalacións

Coa instalación desta carpa, colocada na entrada de urxencias, evitarase que as persoas que deban facer estas probas teñan que acceder ao interior do centro, evitando dalgunha maneira un maior risco de contaxio. Estas probas de antíxenos realízanse por orde médica e con cita previa a persoas que presenten sintomatoloxía.

Exit mobile version