Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro suspende a programación cultural e aplica medidas nos servizos e espazos municipais pola situación de peche e restricións. Arestora hai 60 casos activos

 Viveiro, 30 de decembro de 2020. O Concello de Viveiro informa da suspensión desde esta mesma tarde de toda a programación cultural que estaba prevista para o Nadal, debido á situación do peche perimetral e as restriccións impostas pola Xunta de Galicia.

O concello mantén únicamente aberto o belén ‘Viveiro ante o Berce’ por ser nun espazo aberto e ao aire libre no que se conta cun protocolo Covid.

A Concellaría de Cultura traballa para que o Día de Reis haxa algunha sorpresa, pero sempre con total seguridade e dentro do protocolo e das medidas establecidas, co fin de poder manter a maxia dese día para todos os nenos e nenas.

Ademais o Concello informa que vén de adoptar e aplicar as medidas nos servizos e espazos municipais, atendendo á situación actual e ás limitacións establecidas pola Xunta de Galicia.

Onte contabilizábanse en Viveiro 60 casos activos por COVID-19. A día de hoxe, aínda non se dispón dos datos oficiais e actualizados. Dende o goberno local informan que se continúan a realizar numerosas PCR, coa fin de detectar posibles casos activos e diminuír a transmisión do virus no municipio.

O Concello de Viveiro pide unha vez máis precaución á cidadanía para que, co esforzo de todos, a situación sanitaria mellore o antes posible.

Exit mobile version