Site icon Crónica3.com A Mariña

O Galp Mariña-Ortegal presenta o 17 deste mes “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar 2020”

 Viveiro, 10 de decembro, 2020. Nos mares e océanos existe unha gran cantidade de especies mariñas que moitas veces son descoñecidas para a poboación. Para poder protexer e conservar esta riqueza e biodiversidade é necesario dar a coñecer os ecosistemas mariños e a súa flora e fauna. Entender como interaccionan os seres vivos no medio mariño e o papel que desempeñan cada un deles é fundamental para manter o equilibrio ecolóxico nos mares.
Un cambio de tendencia é vital para a recuperación do entorno e dos recursos costeiros e para asegurar o futuro sustentable de mares e océanos. Neste contexto é de vital importancia educar e implicar aos máis pequenos para protexer os ecosistemas mariños e garantir un relevo xeracional para poñer en valor o futuro da cultura e das xentes do mar.
A campaña escolar “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar 2020”, promovida polo GALP A Mariña-Ortegal, preséntase nesta sexta edición como unha ferramenta interactiva online de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, a través dunha serie de materiais dixitais con vídeos, ilustracións e imaxes. O programa adáptase a situación de incertidume ocasionada pola crise do COVID 19 e cambia o seu enfoque cara una plataforma de contidos online. O principal obxectivo é a realización dunha serie de actividades e dinámicas dixitais orientadas a estudantes de primaria e secundaria para dar a coñecer ó entorno litoral de A Mariña-Ortegal, para descubrir os recursos naturais e as problemáticas do medio ambiente mariño. Tamén poñer en valor as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal e a cultura mariñeira. Persegue ademais, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respeto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. O mesmo tempo, a través desta
campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.
O aspecto educativo aséntase sobre tres piares básicos:
• Coñecer o entorno litoral e a súa biodiversidade, inculcando valores de conservación e respeto polo medio mariño a través de dinámicas online.
• Accesibilidade aos contidos.
• Adaptación ás diferentes asignaturas de tódolos niveis educativos de primaria e secundaria.
Esta campaña vai dirixida a escolares de entre 6 e 16 anos, dos centros educativos do territorio de A Mariña-Ortegal dos seguintes municipios: Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo, Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira e Valdoviño e de fora del:
Valadouro, Mondoñedo, Lourenzá, Alfoz, , Ourol, Cerdido, , Moeche, San Sadurniño e Somozas.
Presentación: Xoves 17 de decembro ás 12:30 no Salón de Actos do CENIMA, Foz.

Exit mobile version