Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo Travellin´ Brothers abriu con éxito os concertos do VI Festival de Jazz e Blues de Ribadeo. O sábado actuará Zenet

 Ribadeo, 7 de decembro de 2020. O grupo bilbaíno Travellin´ Brothers abriu con éxito o ciclo de concertos da sexta edición do Festival de Jazz e Blues de Ribadeo na tarde noite de onte, domingo. O público congregado no auditorio municipal ribadense saíu encantado coa actuación da banda vasca.
O sábado 12 pechará as actuacións do festival ribadense o andaluz Zenet, polifacético artista que foi premio da música ao artista revelación en 2009 e posteriormente logrou varias distincións máis. O seu novo disco, La Guapería, é de versións de boleros cubanos antigos e na semana da súa saída ao mercado entrou no top 10 dos discos máis vendidos en España e acadou o número 7 nas listas.
O concerto que resta é con entradas numeradas gardando as distancias de seguridade, aforo reducido e demais medidas contra o Covid 19.
O prezo das entradas para estas dúas actuacións é 8 euros e 16 euros respectivamente. Aínda quedan algunhas á venda en www.ataquilla.com.
E tamén dentro das actividades do VI Festival de Jazz e Blues na oficina de turismo de Ribadeo está aberta ao público ata o día 19 deste mes a exposición de fotos de concertos da ribadense Cris Andina.

Exit mobile version