Site icon Crónica3.com A Mariña

Persoal da delegación de Medio Ambiente do Concello de Cervo decorou este Nadal os diferentes edificios e instalacións públicas con materiais reciclados

Tal e como explican, “no Nadal gastamos e consumimos un 30% máis que en calquera outra época do ano, o cal supón un aumento considerable do número de residuos xerados; por iso, como xesto simbólico, este ano decidimos elaborar árbores con materiais 100% reciclados; porque cremos que se pode desfrutar dun Nadal sostible e respectuoso co medio”. As diferentes árbores están instaladas na Casa da Cultura, na Piscina Municipal e na Casa do Concello.

Exit mobile version