Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación da novela de Pepe Peinó “A Solo no le gustaba su nombre”

O vindeiro luns, 28 de decembro, ás 20,00 horas, na Confitería-Cafetería Xoyma de Foz, terá lugar a presentación da novela de Pepe Peinó “A Solo no le gustaba su nombre”. Esta presentación ía levarse a cabo no pasado mes de marzo e tivera que ser suspendida co gallo da corentena provocada polo coroavirus. Despois de 8 meses de espera, dita presentación poderá celebrarse. Falarán Pepe Peinó e o lingüista Bernardo Penabade e actuará a cantante Almudena Cuadrado. Respectaranse todas as medidas de seguridade prescritas para estas épocas de pandemia.

Exit mobile version