Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentada “A Solo no le gustaba su nombre” no Xoyma de Foz

Aprazada pola pandemia (estaba prevista para o pasado 13 de marzo), levouse a cabo a presentación da novela de Pepe Peinó “A Solo no le gustaba su nombre”. O acto tivo lugar na confitería-cafetería Xoyma de Foz e nel participaron, á parte do autor, o lingüista Bernardo Penabade e a cantante Almudena Cuadrado. Por causa do reducido do aforo, ao ter que respectarse as medidas anti-Covid, so asistiron unas dúas decenas de persoas, que ao longo dunha hora, no salón do local, escoitaron as disertacións dos conferenciantes e as tres cancións que interpretou Almudena. A novela será presentada tamén no concello de Lourenzá no Pazo de Tovar, o vindeiro venres, 8 de xaneiro.

Exit mobile version