Site icon Crónica3.com A Mariña

Talleres coa pintora mindoniense Irma Loureiro e exposición de cadros da autora: “Recunchos Literarios de Mondoñedo”

 Mondoñedo, 5 de decembro, 2020. OBRADOIROS: Os sábados día 12 e 19 de decembro de 2020 terán lugar obradoiros para nenos impartidos pola artista mindoniense, Irma Loureiro, na Casa da Xuventude de Mondoñedo, situada na rúa Pacheco.
A pintora impartirá dous obradoiros cada día orientados a nenos de diferentes idades.
A relación de obradoiros será a seguinte:
Día 12
De 11:00 a 13:00 para idades comprendidas de 8 a 10 anos.
De 16:00 a 18:00 para idades comprendidas de 5 a 7 anos.
Día 19
De 11:00 a 13:00 para idades comprendidas de 8 a 10 anos.
De 16:00 a 18:00 para idades comprendidas de 5 a 7 anos.
O número máximo de participantes por obradoiro será de 9 prazas. Pódese facer inscrición previa na Oficina de Turismo de Mondoñedo (982 50 71 77)
Esta actividade realizarase con todas as medidas de seguridade contra o Covid-19.

EXPOSICIÓN:

O sábado día 29, ás 20:00h terá lugar inauguración da exposición “Recunchos Literarios de Mondoñedo” de Irma Loureiro.
Esta exposición estará no Albergue Público Municipal, situado na Praza Jaime Cabot e, tras a súa inauguración permanecerá aberta: do domingo 20 ao domingo 27 – de 11:00h a 13:00h e de 17:00h a 20:00h.
Tras disto a exposición quedará permanente dentro do Albergue Público que abrirá no horario habitual de servizo aos peregrinos.
Este acto realizarase con todas as medidas de seguridade contra o Covid-19.

Exit mobile version