Site icon Crónica3.com A Mariña

Videochamada de Papá Noel aos nenxs de Cervo

Cervo, 4 de decembro, 2020. Estase a aproximar o Nadal, e desde o Concello de Cervo queren darlle unha boa nova aos pequenos da casa,
cunha liña directa con Papá Noel para que nenos/as do municipio poidan compartir un anaco con el, aínda que este año teña que ser de xeito virtual.
Os que desexen manter unha videochamada personalizada con Papá Noel, só teñen que seguir estes sinxelos pasos:
1. Inscribirse gratuítamente na plataforma www.nadal2020.es; indicando que es veciño/a de Cervo
2. Logo de se rexistrar, concretar a data e hora da conexión con Papá Noel
Para dúbidas; algunha limitación de medios e/ou acceso a internet; ou algún problema auditivo,visual…, proporcionan todas as ferramentas necesarias para facilitar o encontro virtual con Papá Noel.
Máis info no 691 65 66 00.

Exit mobile version