Site icon Crónica3.com A Mariña

XIII Xornadas do Peregrino “Abrindo Camiño” de Mondoñedo

 Mondoñedo, 1 de decembro, 2020. Son as actividades a realizar en Mondoñedo nesta ponte de decembro continuando coa programación das XIII Xornadas do Peregrino “Abrindo Camiño”

Sábado 5 – No Auditorio Municipal Pascual Veiga

19:00h Presentación – Coloquio e agasallo aos asistentes do Caderno – Xornal “Mondoñedo na Memoria”

19:45h Concerto Musical de “Louband Street”

Domingo 6

18:00h Clausura da mostra fotográfica de Josequín Miláns del Bosch e escultórica de Juan Puchades, Pedro Díaz, Lola Tourán e Alberto Geada (No Pazo Santomé)

19:00h Presentación – Coloquio e proxección do documental “O latexo do tempo humano. Tres pezas, tres artesáns” (No Auditorio Municipal Pascual Veiga)

Martes 8 – No Auditorio Municipal Pascual Veiga

19:00h Presentación do libro “No Baleiro dunha Soidade” “Unha viaxe polo Camiño do Norte que nos leva a Compostela”.

19:45h Concerto do grupo musical “A Quenlla”

Actos con aforo limitado. As entradas para os actos no Auditorio Municipal Pascual Veiga poden reservarse previamente, vía telefónica, na Oficina Municipal de Turismo de Mondoñedo (982 50 71 77).

Exit mobile version