As filtracións da cuberta, deteriorada polo paso do tempo, impiden realizar as diferentes actividades lúdicas e culturais da parroquia adecuadamente. Entre os traballos a realizar abordarase a substitución das lousas e a reparación do sistema de pluviais, revestirase a cheminea e colocarase unha lámina impermeabilizante e de illamento térmico. O custo total da obra ascende a 29.539 euros, dos que 1.539 euros serán abonados pola propia entidade beneficiaria.
Esta colaboración da Deputación de Lugo e a asociación veciñal de Sante Sante responde ao compromiso da institución de impulsar o rural a través do apoio activo ao seu tecido asociativo.