Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación dá luz verde ao inicio de obras de mellora en estradas de Lugo e Ourol por 180.000€

 Lugo, 15 de xaneiro de 2019. A voceira socialista do Goberno e Deputada de Réxime Interior, Promoción de Territorio e Turismo, Pilar García Porto, informou este venres de que a Xunta de Goberno aprobou o último paso administrativo –o Plan de Seguridade e Saúde- para poder iniciar os traballos de rehabilitación do firme da LU-P-2901, entre Lugo e Palas, unha vía que dá acceso á autovía de Santiago, e da LU-P-3807, de Bravos a San Pantaleón, no concello de Ourol, nas que inviste 180.000€.

No caso da LU-P-2901, que comunica Lugo con Palas de Rei, actuarase no tramo que vai do quilómetro 3,340 ao 5,400, á altura do municipio lucense. “Trátase dun proxecto adxudicado en 85.000€ que é importante para os concellos de Palas e Lugo, pero tamén para o conxunto da provincia, porque trátase da estrada que dá acceso á autovía de Santiago”, dixo García Porto.

Pola súa banda, a LU-P-3807 é a vía máis rápida que teñen os veciños da parroquia de San Pantaleón para chegar a Ourol e Viveiro. A Deputación inviste preto de 95.500€ nos traballos de mellora, que se realizarán nun treito de máis de 7 quilómetros, entre os puntos quilométricos 0,630 e 7,950, e consistirán no acondicionamento da vía e na reposición de liñas e marcas viarias reflexivas brancas. O prazo de execución das actuacións é de 9 meses.

Listaxe de emprego en Protocolo
A Xunta de Goberno tamén aprobou a convocatoria e as bases específicas para constituír unha listaxe de emprego de técnico superior en protocolo para prestar servizos de carácter temporal na Deputación de Lugo. “Unha medida que responde á necesidade do servizo, para xestionar con axilidade a incorporación de efectivos deste tipo cando sexa preciso e estea xustificada a súa incorporación”, detallou a deputada.

Exit mobile version