Site icon Crónica3.com A Mariña

A Ordenanza de regulación do tráfico no casco de Viveiro sae adiante coas emendas do BNG

 Viveiro, 12 de xaneiro, 2021. Era na primeira reunión sobre a Ordenanza de regulación do tráfico no casco antigo de Viveiro, cando o BNG presentaba as súas emendas a unha Ordenanza na que os residentes nin figuraban nela, propoñía a suba de taxas, os postos de banqueta do mercado eran ilegalizados, os obradoiros das panadarías só podían meter un vehículo para cargar obrigando a ter que estar entrando e saíndo un número moito máis elevado de veces, etc.

Foron moitas as reunións nas que se modificou esta Ordenanza e incluso se tentou volver ao inicio con tal de non incluír as emendas do BNG, sen propostas de ningún outro grupo político e como non podía ser menos, tampouco da alcaldía onde o único interés da alcaldesa era aprobar a Ordenanza canto antes, saíse como saíse, facendo ouvidos xordos ás demandas e queixas mesmo da Asociación do Casco Antigo de Viveiro.

A portavoz do BNG, Míriam Bermúdez, despois de ver como nas diversas reunións o Goberno Local non incluía as emendas propostas polo BNG, deixou ben claro que si estas emendas non se incluían na Ordenanza, o voto do BNG sería desfavorábel.

Finalmente a Ordenanza incluíu as emendas do BNG conseguindo:

.Un apartado para residentes.
.Tarxeta propia para residentes.
.Posibilidade de tramitar as solicitudes de entrada en horario distinto do da tarxeta vía web a través da sede electrónica do concello.
.Residentes habituais, non empadroados e de segundas vivendas, cos mesmos dereitos e mesmas condicións.
.Praceiras cos mesmos dereitos para estar, cargar e descargar mercadorías nos mercados.
.Facilitar o traballo das panadarías cun distintivo para cada vehículo.
.Compromiso de non cobrar taxas aos residentes na vindeira ordenanza fiscal.

Exit mobile version