O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, sinala que este investimento responde “ao compromiso da institución para cooperar cos 67 concellos da provincia e o seu tecido asociativo, e que, deste xeito, poidan prestar servizos públicos de calidade e eficientes aos seus veciños e veciñas e favorecer o seu benestar ao mesmo tempo que se contribúe a fixar poboación no rural”.
Tomé Roca tamén recalcou que con estas colaboracións “demóstrase que a Deputación de Lugo é unha administración clave para o bo funcionamento dos concellos, principalmente nos máis pequenos, que son unha maioría na provincia de Lugo, e para a prestación de servizos básicos á veciñanza”.
Os traballos, dos que se beneficiarán seis vivendas desta parroquia trabadense, consistirán na reposición de ramais, instalación de flotadores nos depósitos, trazado de ramais de abastecemento dende os depósitos das vivendas ou a instalación de chaves de paso en cada depósito, entre outros.
Asociación de Veciños de Carreira Chá
A Asociación de Veciños de Carreira Chá promove as relacións comunitarias entre os veciños e veciñas deste lugar, na parroquia trabadense de Vilaformán, e iniciativas co fin de mellorar as infraestruturas públicas da súa contorna. Ten como finalidade realizar actividades de confraternidade entre os veciños da parroquia.