O conxunto mariñán, sen adestramentos a semana pasada, realizou os test de antíxenos o xoves 14 e recibiu a confirmación dun positivo por PCR o venres 15, do cal o club informou tanto ao Servizo Galego de Saúde como á Real Federación Española de Fútbol.
Despois de cumprir o protocolo marcado polo corpo médico e tras superar os test pertinentes, parte do grupo poderá recuperar os adestramentos hoxe mesmo. O caso positivo, que se atopa sen síntomas, permanecerá en confinamento ata finais de semana, igual que o grupo de contactos directos dentro do equipo.