Site icon Crónica3.com A Mariña

Efrén Castro aclara que “o investimento destinado á Copa Deputación de Futbol chegará aos clubs”

 Lugo, 19 de xaneiro, 2021. O deputado de Deportes Efrén Castro aclarou que os clubs recibirán o diñeiro destinado á última edición da Copa Deputación de Fútbol, suspendida o pasado mes de marzo pola situación sanitaria provocada pola Covid 19.

Efrén Castro explicou que “se está a estudar a fórmula para que as entidades se beneficien do investimento que a área de Deportes destina á Federación Galega de Fútbol para a organización do torneo”.

O deputado lembrou que “malia as suspensións e paróns das competicións, a área de Deportes mantivo todas as liñas de axuda e investimentos previstos para clubs e entidades deportivas e farémolo así tamén coa Copa Deputación de Fútbol. Iso é o que trasladamos tanto á Federación como aos clubs que se dirixiron a área de Deportes”, asegurou.

Castro desmentiu así as declaracións do deputado popular Óscar Poy en relación co torneo, que calificou como “inxustificadas e ridículas xa que son precisamente os recursos da Deputación e dos concellos os que están a manter o deporte de base e afeccionado nesta situación de pandemia, fronte a unha Xunta de Galiza que mira para outro lado, tanto nesta como noutras cuestións”.

Exit mobile version