Site icon Crónica3.com A Mariña

Función solidaria do Grupo Teatral “O Centiño”

O vindeiro sábado, día 16 de xaneiro, ás 20,00 horas, no local da asociación Castro de Vilaronte, o Grupo Teatral “O Centiño” de San Martiño organiza unha gala solidaria para recadar fondos para Cáritas. Representarán a obra “Vaia faena, a corentena”, unha historia baseada en feitos reais ocorridos durante o confinamento polo Covid-19. Respectaranse a medidas de seguridade pola pandemia, polo que haberá prazas limitadas. Haberá que reservar praza chamando ao teléfono 636664210.

Exit mobile version