O BNG reclama un plan adicional de axudas coa participación das tres administracións, Xunta, concellos e deputacións, o que inclúa unha compensación de até o 70% da perda de ingresos mensuais, compensación aplicable todo o tempo que duren as limitacións á actividade no sector.
Olalla Rodil sinalou que “o hosteleiro e o distribuidor son parte da mesma cadea, a súa situación nestes momentos está sendo dramática” polo que a deputada fixo fincapé en que “as axudas teñen que ser inmediatas e tramitadas coa máxima axilidade, a Xunta non pode seguir actuando tarde e de xeito insuficiente”
Do mesmo xeito, o Bloque solicita ampliar os prazos de carencia dos créditos tanto os da Xunta como os do ICO, debido aos baixos ingresos que o sector está tendo por mor das restricións, o que dficulta facer fronte a este tipo de custes.
“É crucial darlle un apoio decidido ao sector, os recursos deben chegar canto antes aos traballadores de traballadoras, autónomos e autónomas que peor o están pasando” subliñou Olalla Rodil