Site icon Crónica3.com A Mariña

O CD Foz prepárase e está facendo os deberes para o posible comenzo da Liga de fútbol en Preferente

Foto de arquivo

Foz, 9 de xaneiro, 2021. José Maria García Rivera, presidente do Clube Deportivo Foz, manifesta que a directiva traballa nun escenario de respeto absoluto ás medidas sanitarias, que son as que mandan nestes casos, pero ao mesmo tempo aceptamos as directrices da Federación Galega de Fútbol.

O pasado venres os xogadores, técnicos e delegados realizaron a correspondente PCR que terán que pasar cada 14 días para poder adestrar en grupo. Todos os resultados foron NEGATIVOS.

Na primeira fase o CD Foz mediríase aos clubes lucenses de Preferente e na segunda aos clubes coruñeses. Todos os partidos serán a dobre volta.

A nova directiva do CD Foz traballa arreo para ter afinadas todas as medidas antiCovid.

As novedades da actual estrutura deportiva son a aposta pola canteira, a cal comezará a traballar e xogar cando o organismo pertinente dea luz verde nun contexto de absoluta seguridade sanitaria. Os xuvenís, cadetes e infantis son a nosa aposta que queremos potenciar.

Por outra banda informar aos socios que a cuota será anual e pasarase a finais de xaneiro do ano correspondente.

Facemos un chamamento a nosa afición, ainda que comprendemos as dificultades existentes, debemos apoiar ao noso Clube na medida do posible, un bon grupo de rapaces dependen de elo e entendemos que deben ter as máximas prestacións para competir dignamente.

Exit mobile version