Na reunión celebrada na tarde de onte estudáronse posibles novas axudas ao tecido económico e social do municipio. Acordouse desenvolver novas iniciativas no marco do citado plan, entre elas a creación dunha mesa de traballo para fomentar a participación. Tamén se traballará na elaboración dunha ordenanza que regule a instalación e homoxenización das terrazas.
O plan no que se enmarcou a reunión celebrada onte polos voceiros municipais recolle cincuenta iniciativas, que van dende a adopción de medidas para permitir liquidez aos autónomos e aos empresarios titulares de actividades económicas que se viron obrigados ao peche ata continuar no posicionamento de Administración Colaboradora.