Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro anuncia os poemas premiados no Certame de Poesía Infantil “Nadal 2020”

 Viveiro, 27 de xaneiro de 2021. O Concello de Viveiro informa da resolución do Certame de Poesía Infantil “Nadal 2020” na súa fase local. O concurso está organizado a nivel provincial pola Biblioteca Pública de Lugo e conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.
De momento, xa se organizaron as fases locais do certame e agora os textos premiados nos municipios valoraranse nunha fase provincial.
Na categoría A, que inclúe cativos/as ata os 8 anos, foron premiados Zaira Pérez Rodríguez, Beatriz García Fernández e Xoel Díaz Portas.
Na categoría B, entre os 9 e os 11 anos, o fallo do xurado premiou a Noa Suárez Riveira, a Ignacio Leiras Lago-Orcazberro e a Zaira Otero Sierra.
Por último, a categoría C, na que participan rapaces/as ata 16 anos, resultou premiado Luca Valentín Andrei.
Os traballos premiados nesta fase local no concello de Viveiro enviaranse ao certame provincial, no que o xurado escollerá os mellores textos entre os poemas enviados polos nenos/as de toda a provincia de Lugo.
“Queremos felicitar a estes xóvenes escritores e escritoras, sobre todo nestes tempos tan complicados. A cultura pode continuar grazas a disposición dos participantes a colaborar nas nosas iniciativas”, destaca a concelleira de Cultura de Viveiro, Lara Fernández Fernández-Noriega.
O Concello de Viveiro pretende organizar a entrega de premios, que será como de costume un lote de material escolar, cando o contexto sanitario o permita. “No caso de que a situación continúe a longo prazo, faremos chegar este lote ós nenos/as a través do seu centro educativo. Pero esperamos que pronto podamos felicitalos persoalmente”, engade a concelleira de Cultura.

Exit mobile version