Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén Burela FS Xuvenil volve este sábado á competición coa visita do Concello de Begonte (Vista Alegre, 12.30 horas, porta pechada)

O conxunto de Javier Pardeiro estrea así os compromisos de 2021 coa xornada 13, despois do aprazamento ante O Parrulo FS e Leis Pontevedra polo illamento dos laranxas pola aparición dun positivo Covid-19. Con 10 encontros disputados e 12 puntos, os mariñáns poñerán a proba a sétima praza de División de Honra recuperando sensacións ligueiras ante os de Begonte, que aínda que recalarán pechando a táboa, con 5 puntos, na primeira volta puideron facerse con tres puntos ante o cadro burelista (4-2).

Exit mobile version