Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP aclara que “o procedemento de contratación do servizo de transporte escolar xa foi suspendido para revisar as alegacións e ofrecer unha solución ás alegacións presentadas”

Lugo, 30 de xaneiro de 2021. A deputada lucense que forma parte da Comisión 4ª de Educación e Cultura, Sandra Vázquez, aclara que “xa se está revisando o procedemento de contratación do servizo de transporte escolar que afecta ao Concello de Folgoso do Courel”. A popular indica que “o procedemento de presentación de ofertas foi suspendido o pasado 11 de xaneiro e así llo trasladaron á alcaldesa, Lola Castro, dende a Consellería nunha reunión na que se comprometeron a analizar polo miúdo as diferentes alegacións presentadas entre as que se atopan a imposibilidade de circulación dalgún vehículo polas características das estradas e a estudar os aspectos trasladados polos implicados no proceso en relación ao acceso dos taxistas locais ao concurso”.

A popular incide en que “dende a Consellería están a buscar unha solución para atender a demanda da comunidade educativa das zonas de montaña co obxectivo de ofrecer o mellor servizo no novo contrato”. Pero, segundo, matiza “a proposta ten que guiarse polo establecido na lei de contratos públicos e na directivas europeas en materia de transporte que establecen que a medida que vaian caducando hai que proceder á súa renovación mediante un concurso público”. Así, explica Vázquez que “a lei prohibe a adxudicación directa”.

A deputada do PP aclara que “o servizo de transporte escolar que se presta no concello de Folgoso do Courel mediante taxi non pode quedar á marxe da normativa vixente”. Así, “foi suspendido o proceso de contratación co obxectivo de analizar este tipo de casos sen prexudicar aos implicados”.

Vázquez sinala que “unha vez analizadas as alegacións e, de ser o caso, realizadas as posibles rectificacións, retomarase o proceso. En todo caso, esta paralización non afecta á prestación do servizo neste curso, que funciona con normalidade”.

Exit mobile version