Site icon Crónica3.com A Mariña

Parte do equipo laranxa feminino continuará en confinamento

 Burela, 26 de xaneiro, 2021. Parte do Pescados Rubén Burela FS de Primeira Feminina continuará confinada tras a aparición de 2 positivos Covid-19. Os novos casos confirmáronse nos segundos resultados de PCR realizados aos contactos estreitos da xogadora que deu positivo hai dúas semanas, unha vez cumprido o período de illamento domiciliario.

De acordo ao protocolo marcado polo corpo médico e tras superar os test pertinentes, a dinámica de adestramento do conxunto laranxa recuperouse o mércores pasado para a maioría das Guerreiras. Hoxe poderá incorporarse algunha xogadora máis.

A xornada 12, prevista para este sábado en Vista Alegre coa visita de Móstoles FSF, quedará supeditada á resolución do xuíz de competición da RFEF.

Exit mobile version