Site icon Crónica3.com A Mariña

Píscore chega a Burela este sábado co seu espectáculo “Concerto singular (e plural)”

 Burela, 15 de xaneiro, 2020. A Deputación Provincial a través da Área de Cultura e a Delegación Municipal de Cultura do Concello de Burela presentan o espectáculo do Grupo PÍSCORE, que acturará en Burela este sábado, 16 de xaneiro, ás 18:30 horas no auditorio da Casa da Cultura. A entrada será libre e para todos os públicos.

PÍSCORE “Concerto Singular (E PLURAL)
Premio do Público de Festiclown 2017. Espectáculo mellor valorado polo público en Domingos do Principal 2018. Píscore é unha nova compañía de música e comedia xestual que anova a escena do humor do país. Está composta por catro virtuosos músicos que en Concerto Singular lévannos a unha dimensión musical e humorística realmente especial. Mesturando a excelencia musical e a comedia de alto nivel, Píscore actulizan o máis clásico humor mudo e anovan a disciplina cunha proposta diferente, orixinal e de calidade cunha marimba enorme no medio da acción.
Con referencias elevadas como Pagagnini de Y llana, Funamviolistas, Les Luthiers estes catro rapaces dirixidos por Fran Rei comezan con forza e son unha das grandes apostas do futuro.

Píscore achéganos á mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.

Catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflicto: 16 baquetas e unha soa marimba. Que acontecerá?…

CONCERTO SINGULAR é un espectáculo para todas as idades.

Exit mobile version