Site icon Crónica3.com A Mariña

Porta pechada, de novo en Vista Alegre

 Burela, 26 de xaneiro, 2021. Coas últimas medidas da Xunta de Galicia -en vigor dende o mércores 27 de xaneiro-, os partidos do Pescados Rubén Burela FS en Vista Alegre volverán disputarse a PORTA PECHADA. No entanto, a afección poderá seguir gozando do espectáculo laranxa na Bomboneira, en rigoroso directo a través de Burela FS TV.
Abonad@s
Unha vez que se levante o peche perimetral, os abonad@s poderán solicitar a devolución das cotas correspondentes aos partidos afectados dende o 30 de xaneiro. O prazo de trámite será dunha semana dende que se levanten as restricións de mobilidade de Burela (Cota por partido: 4 euros Abono Masculino ou Feminino// 3 euros Abono Mixto). Deberán formalizalo por escrito a través do formulario dispoñible na oficina laranxa.
Horario de atención:
De luns a xoves 10.00-14.00 // 16.30-19.00
Venres 10.00-14.00 horas

Exit mobile version