Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentada candidatura para a Xunta Directiva do Centro Comercial Histórico de Viveiro

 Viveiro, 25 de xaneiro, 2021. No dia de hoxe presentouse candidatura para Xunta Directiva do CCHV. A composición da mesma será:

Presidenta, Susana Larrañaga (De Grafity), Vicepresidente, Alberto García (De Futures), Secretario Iván Fernández (De Mesón O Recuncho), Tesoureira Nuria Corral (De iAsesoria) e Vogal Rosario Canoura (De Óptica Rosario).

Esta xunta está formada por representantes de distintos sectores, comercio, hostalaría e servizos. Os novos membros tratan de dar continuidade á única asociación de comerciantes que existe no Centro de Viveiro, e os seus obxectivos iniciais pasan por seguir ca boa labor que se viña realizando para tratar de dinamizar o sector comercial de Viveiro.

Cobrará maior relevancia e competencias a figura da xerencia para a xestión da oficina e propoñen un funcionamento asembleario para o resto de actuacións.

Según indica a xerente “Nos tempos que nos toca vivir, só un comercio unido e comprometido poderá seguir sendo punteiro na comarca e dende a Asociación seguirase traballando por mellorar o atractivo comercial e o poder de atracción da zona, lanzando novas promocións e servizos tanto para clientes como para negocios asociados”.

A semana pasada tamén se acordou pola maioría de negocios adheridos, consensuar unha hora de peche polas tardes, sendo a hora establecida as 19:30 mentres dure este estado de restricións máximas.

Exit mobile version