Site icon Crónica3.com A Mariña

Suspendida a cabalgata de Burela

A situación sanitaria que vivimos non permite que o próximo 5 de xaneiro os Reis Magos se paseen por Burela nas suas carrozas, pero eso non vai impedir que veñan facer o seu traballo e deixar en cada casa os agasallos correspondentes. A Sociedade Cultural Ledicia está en contacto permanente con eles, e xa ten preparado o vestiario que usarán ao seu paso polo pobo, no que gardarán en todo momento as medidas anticovid necesarias. Queremos animar a todol@s nen@s a que deixen os zapatos ben limpos, bebida e comida para que os reis e os camellos repoñan forzas, e se deiten ben cediño esa noite para que a comitiva real poda facer o seu traballo sen problemas.

Exit mobile version