Site icon Crónica3.com A Mariña

Sae publicada a convocatoria de subvencións municipais a asociacións do concello de Lourenzá para a realización de actividades culturais durante o ano 2021

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, explica que “o orzamento destas subvencións ascende a 6.000 euros e o prazo para presentar solicitudes é de 20 días naturais, polo que remata o 4 de febreiro. Poderán ser beneficiarias das subvencións as asociacións legalmente constituídas e que estean inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións. Tamén deben desenvolver as súas actividades total ou parcialmente no concello de Lourenzá”.

Exit mobile version